Orquestras, Broken Peach ou A Roda para celebrar os 52 anos da Festa da Tinto do Salnés

RIBADUMIA> Conta atrás en Ribadumia para a Festa do Tinto do Salnés. A festa, que celebra este ano 52 anos de historia, prolongarase do 5 ao 8 de xuño. Como todos os anos, o evento reúne tódolos ingredientes para que sexa un éxito. Ademais de bo viño, a programación inclúe a visita de grandes orquestras e o grupo A Roda.

Coa chegada de xuño, Ribadumia prepárase para vivir un dos eventos máis agardados do ano: a Festa do Tinto do Salnés e das variedades autóctonas. Un evento que acada a súa 52 edición, cunha completa programación do 5 ao 8 de xuño. Ademais de render homenaxe ao viño, a cita inclúe grandes orquestras.

No apartado musical, salienta tamén o concerto de Broken Peach e o da Roda o venres 6 á noite.

Este ano para dar o pregón, escolleron a un da casa: o humorista Juan Meniño.

Para el, toda unha honra poder ser o pregoiro desta festa.

A festa, como sempre, incluirá a cata final onde se escolleran os mellores viños, o gran xantar do sábado e o nomeamento dos novos valedores.