O reto de Nadal de Amigos de Galicia: xuntar 2.500 xoguetes para os nenos que menos teñen

VILAGARCÍA>  Xa está en marcha a campaña de recollida de xoguetes da Fundación Amigos de Galicia. Este ano, o obxectivo é conseguir 2.500 agasallos para os nenos das familias máis necesitadas. Polo de agora, fáltanlles 850 para cumprir ese obxectivo.

Para que ningún neno quede sen agasallo este Nadal, a Fundación Amigos de Galicia volve poñer en marcha a súa campaña solidaria de recollida de xoguetes.

A diferenza doutras campañas, nesta só se recollen xoguetes novos. Segundo nos explican, polo Nadal, todo neno debería te-lo dereito de desempaquetar un agasallo que non estea usado.

Dende a Fundación fan un chamamento á cidadanía para que se anime a colaborar nesta campaña de recollida de xoguetes novos. Hai distintos puntos habilitados pola xeografía galega, entre eles, varios en Vilagarcía. Nese traballo de voluntariado atopamos hoxe a Manola e Sara. Esta é a primeira vez que se animan a participar na iniciativa. Explícannos que a felicidade dos nenos que van recibir estes paquetes ben merecen o esforzo.

Durante todo o mes de decembro, a Fundación encargarse de repartir os agasallos entre as preto de 2500 familias que se verán beneficiadas. Unha pequena axuda que, para moitos nenos, servirá para converte-lo Nadal nunha festas felices.