Rematado o novo comedor do CEIP Rosalía de Castro do Grove

O GROVE> O novo comedor do colexio Rosalía de Castro xa está rematado. As obras tiveron un orzamento de máis de 40 mil euros. Poderá ser utilizado despois do entroido.

A Xunta de Galicia e o concello do Grove levaron a cabo o proxecto do novo comedor do colexio Rosalía de Castro. As obras contaron cun orzamento de 43 mil euros. O servizo aínda non está activo pero espérase que comece a funcionar despois do entroido.

As obras consistiron na instalación dun módulo prefabricado de 58 metros cadrados. Tamén se instalaron no interior do comedor os servicios necesarios para ofrecer cátering aos alumnos, diferentes mobles, unha bancada de metal e un vertedoiro. Con isto cubrirase a demanda dos máis de setenta usuarios que necesitan o comedor. O alcalde do Grove quixo facer un recoñecemento ao labor da ANPA.

Con esta obra xa son máis de 500 mil euros os que se investiron nos últimos anos no CEIP Rosalía de Castro, tralas reformas da electricidade, dos aseos, da caldeira, da cuberta do ximnasio e das persianas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí