Medio Rural dá por estabilizado o incendio de Nebra

PORTO DO SON> A consellería de Medio Rural daba por estabilizado esta mañá o incendio forestal que afectou a varias zonas da parroquia de Nebra. A Xunta veuse na obriga de activar a  situación dous de alerta pola súa proximidade ás vivendas.

Efectivos das brigadas contraincendios seguían esta mañá sobre o terreo para evitar que se reactivase algún foco. O lume orixinábase na tarde de onte. As condicións climatolóxicas axudaron á súa rápida propagación. A súa proximidade a varios núcleos de vivendas como é o caso de Beneso e Queiro, mesmo obrigou á Xunta a decretar a situación 2 de alerta. Foron momentos complicados e da que os propios veciños tiveron medo.

Pouco a pouco e co traballo dos numerosos medios que se mobilizaron ata a zona: 1 técnico, 17 axentes, 25 brigadas, 22 motobombas, 2 pás, 7 helicópteros e 6 avións, logrouse controlar o incendio. Ás once da noite desactivábase a situación 2 de alerta e esta mañá xa foi estabilizado. Segundo as últimas estimacións de Medio Rural o incendio afectou a unha superficie aproximada dunhas 35 hectáreas. Dáse a circunstancia de que esta non é a primeira vez que a zona é vítima dos lumes, aínda que xa hai varios veráns que non ardía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí