Os bancos trocarán as participacións preferentes por bonos a 3 anos

    omic_vilanova100.jpgVILANOVA> Canal Rías Baixas achegouse ata a Oficina de Información ó Consumidor de Vilanova, onde xa atenderon media ducia de afectados

    {flowplayer}images/salnes/omic_participacions_preferentes.flv{/flowplayer}

    … por productos financeiros como as participacións preferentes.

    A OMIC pídelles tranquilidade e adianta que algúns bancos xa están trocando estas participacións perpetuas por bonos que lles permitirán recuperar os cartos en 3 anos.

    Un dos casos que se atenderon nesta OMIC foi o dun matrimonio de San Miguel de Deiro, que tiña 70 mil euros investidos en participacións preferentes. Nesta ocasión, asesorárono para facer a reclamación correspondente.

    E é que os pasos a seguir, no caso de atoparse nesta situación é informarse, e, se en dous meses non hai resposta ou non a ve adecuada, xa pode reclamar.

    A maioría dos afectados responde ó perfil dunha persoa aforradora cunha importante cantidade de diñeiro e fiel á entidade bancaria onde fixeron o investimento.

    Redacción Salnés