![]()
CAMBADOS> A toxina obrigou a pechar antes de tempo. As menos de 60 toneladas que se capturaron non chegarán para cubrir o mercado ata o vindeiro Nadal.
{flowplayer}images/salnes/BalanceVieira290212.flv{/flowplayer}
A campaña abrírase o oito de febreiro e onte tivo que pechar. Tan só 12 días tivo este ano a flota da vieira para capturala. As últimas análises realizadas o luns amosaron un repunte nos índices da toxina que fixeron que tivera que decretarse o peche anticipadamente.
O balance final rolda as 55 toneladas de vieira, máis o menos a mesma cantidade que se colleu o ano pasado, cando a tempada foi bastante máis longa, o que fai pensar que de terse mantido unhas semanas máis tería sido unha moi boa campaña. Xa que hai moita máis vieira no mar da que houbo no 2011.
Agora a principal preocupación dos vieireiros é que con estas cantidades parece pouco probable garantir o abastecemento do mercado ata o vindeiro Nadal.
Así as cousas toca xa pensar na vindeira campaña. O presidente dos vieireiros espera non ter que agardar ata o ano que ven e pon as súas esperanzas no mes de novembro.
Ata entón esta flota terá que cambiar de arte; os miños ou o bou de vara preséntanse como as alternativas máis recorrentes.
Redacción Salnés








