Os praceiros de Vilagarcía presentan as súas mellores receitas

    VILAGARCIA> Os que máis saben de productos da terra son os que mellor nos poden asesorar mesmo de como cociñalos.

    {flowplayer}images/salnes/concurso_receitas_prazas_villa.flv{/flowplayer}

    Baixo esta máxima hoxe procedeuse ó concurso de receitas de Cociña de Mercado, un apartado máis do programa de promoción das Prazas de Abastos Rías Baixas, Territorio Gastronómico.

    A extensa programación deste programa continuou esta mañá na Praza de Abastos de Vilagarcía co sorteo das receitas máis saborosas dos praceiros locais, ante a presencia da edil de mercados, Rocío Llovo. Pero non só poderemos ver estas receitas sobre o papel; amais de poder facelas nós mesmos na casa cos mesmos productos da Praza que empregan os praceiros poderemos verllas facer a un cociñeiro de renome neste mesmo recinto; será nun showcooking que terá lugar antes do Nadal, nunha data aínda por determinar. T

    odas estas accións teñen por obxectivo potenciar os productos do noso mar e da nosa terra e tamén os nosos mercados de abastos, achegándoos a novos públicos obxectivos.

    Outras Prazas de Abastos que participan deste programa son as de Portonovo, O Grove, Caldas, Bueu, Porriño, Ponteareas, Vilagarcía e Redondela.

    Redacción Salnés