![]()
VILAGARCIA> Os sindicatos están a intensificar neste mes de marzo as súas protestas contra as reformas no eido laboral dispostas polos executivos…
{flowplayer}images/salnes/manifestacion_cig_funcionarios.flv{/flowplayer}
… central e autonómico. En Vilagarcía, esta mañá a CIG celebrou unha asemblea de delegados que rematou cunha manifestación polas rúas da cidade deste ó Auditorio ata ás oficinas do INEM. Con esta nova mobilización o sindicato nacionalista expresa o seu rexeitamento ás novas medidas que, segundo eles, van a supoñer a implantación do despido libre e gratuíto, a xeralización do ERE express, e ás reduccións da xornada e do salario.
A Confederación Intersindical tamén apurará estes días para visitar ós centros de traballo na comarca e convocando asembleas abertas en tódolos Concellos, co fin de sumar apoios de cara á vindeira folga xeral convocada para o próximo xoves 29 deste mes. Antes diso, o sábado día 10 argallaron outra manifestación coincidindo co día da clase obreira galega, o vindeiro sábado día 10, a partires da mediodía e con saída na Casa do Mar vilagarciana.
Esta mañá os traballadores públicos tamén saíron á rúa en Pontevedra para protestar contra as medidas temporais de reforma do traballo público aprobadas esta semana no Parlamento galego. Esta concentración ás portas da Audiencia Provincial de Pontevedra podería ser a primeira dunha serie, que aínda está por determinar. No que si coinciden o groso dos case cen traballadores é que agora son os interinos e o persoal laboral os máis afectados pero en breve poderá ser calquera deles.
Redacción Salnés








