‘A reforma laboral supón a eliminación de dereitos’

    folga_xeralcopia_100.jpgVILAGARCÍA> CCOO e UXT continúan preparando mobilizacións previas á folga xeral do vindeiro día 29 de setembro.

    {flowplayer}images/salnes/FOLGA_XERAL_UXT.flv{/flowplayer}

    A pouco máis dunha semana para a folga xeral, a maquinaria dos sindicatos está a traballar a pleno rendemento. Reunións con delegados sindicais, cos representantes de zona aberta e o Centro Comercial de Vilagarcía e unha caravana de coches para ó venres ás sete. Toda unha batería de medidas, para que a manifestación do próximo día 29, ás 12.30 diante do concello, reúna ó maior número de cidadáns posible.

    Comisións Obreiras e UXT, xa recibiu un gran número de actas firmadas polos comités de empresas que apoian a folga xeral. Entre elas, destacan Impress, Lantero, Carsa, Cefrico, Friscos, Guau, o Intecmar e o Hostpital do Salnés.

    Dende os sindicatos asegúrase que este é o maior recorte de dereitos da democracia, e que se non se fai nada agora, o futuro do mundo laboral vai ser moi negro, volvendo ó capitalismo do século XIX.

    Comisións Obreira e UXT, afirman que dentro do seo do PSdG-PSOE, existen disconformidades coas medidas que está a tomar o presidente do Goberno, e solicitan que den a cara públicamente para demostrar que o executivo de Zapatero se está alonxando da súa base electoral e dos seus compromisos.

    Redacción Salnés