O Foro de Turismo abre co debate sobre comercio e marketing ‘online’

    FOROTURISMOSANXNEOX copia.jpg SANXENXO> A segunda xornada centrarase nas comunicacións aéreas e a súa relevancia para atraer visitantes ó municipio.

    {flowplayer}images/salnes/FORO_TURISMO_SANXENXO_070612.flv{/flowplayer}

    A comercialización on line e a promoción e o márketing turístico a través das redes sociais centraron hoxe a primeira xornada do Foro de Turismo de Sanxenxo. Para falar deste asunto estiveron, entre outros, representantes de Turespaña e Turgalicia, de Hosteltur.com, tripadvisor ou Google. A organización considera que internet é imprescindible hoxe en día para que os empresarios do sector se faga ver no mundo enteiro.

    As comunicacións aéreas serán tema de debate mañá pola tarde no Foro de Turismo. Desto falarán representatnes de Air Berlín, Aena e do Aeroporto Sá Carneiro de Oporto, arestora considerado o aeroporto internacional de Galicia. O sector pide un plan estratéxico dos aeroportos, co ánimo de atopar uinha maneira real de comunicar Galicia co mundo.

    Desde o Concello consideran que este segundo Foro pon enriba da mesa cuestións que inquietan a un sector, que en Sanxenxo, é estratéxico. A alcaldesa entende que non deben baixar a garda, senón que hai que adaptarse ás demandas continuas nestas épocas de cambio. Un asunto que abordará mañá pola mañá o gurú do optimismo e a ilusión Emilio Duró.

    Como broche a este foro, os empresarios celebran mañá pola noite a primeira gala do Turismo de Sanxenxo.

    Redacción Salnés