O I Salón de Educación e Formación abrirá entre o 12 e o 14 de abril

    edugal copia.jpg PONTEVEDRA> Contará con stands informativos e charlas coas que achegar á mocidade as oportunidades ás que pode acceder no eido educativo e laboral.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_EDUGAL.flv{/flowplayer}

    O Salón de Oferta de Educación e Formación aspira a ser un punto de encontro entre estudantes, mestres, pero tamén profesionais que xa dispoñen dunha titulación e empresarios. Mediante stands informativos, charlas e debates, expertos e representantes de diferentes institucións públicas intentarán orientar ós asistentes nas posibilidades de formación que se abre trala educación obrigatoria, desde estudos universitarios a ciclos de formación profesional, bacharelato ou incluso formación militar, idiomas e estudos no estranxeiro.

    A Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra é unha das entidades organizadoras do evento, polo que o Salón terá tamén vocación de orientar ós asistentes nas posibilidades que ofrece o mercado laboral, e a oferta formativa que existe para profesionais.

    Edugal preséntase nun momento no que os recortes en materia de educación están botando ós mozos á rúa para protestar. A consellería de Educación tamén estará presente neste foro cun stand desde o que tratarán de explicar, segundo o xefe territorial desta carteira en Pontevedra, que os axustes, que non recortes, non acabarán afectando á calidade do ensino.

    O Salón de Educación e Formación está aberto a toda a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e desenvolverase entre os días 12 e 14 do vindeiro mes de abril.

    Redacción Salnés