RIBEIRA> Esta mañá tiña lugar en Ribeira a sinatura do convenio de colaboración entre a Asociación de Hostalería Local e Hostalería.gal, a entidade que reúne ós empresarios do sector de toda Galicia. O acordo entre as dúas entidades busca fortalecer a organización do sector para unha defensa máis efectiva dos seus intereses.
Fortalecer a organización do sector para acadar unha maior efectividade na defensa dos intereses dos hostaleiros ante as distintas administracións e entes privados é un dos principais obxectivos do acordo asinado este mediodía en Ribeira, entre a Asociación de Hostalería Local e Asociación Empresarial Hostaleria.gal.
O convenio permitiralle tamén ós establecementos asociados de Ribeira o acceso a numerosas vantaxes que Hostalaria.gal mantén con empresas de enerxía, asesoría fiscal e laboral, equipamentos, seguros, auga, telefonía ou seguridade, entre outros.
Trala sinatura do acordo os representantes das dúas asociacións desprazáronse ó Concello para solicitar unha cita co novo alcalde, Luís Pérez, ó que aproveitaron para saudar e co que tamén fixaron unha reunión para o vindeiro 8 de agosto na que se tratarán asuntos xerais que afectan ó sector.