Malestar no seo da confraría ribeirense ante o incremento das multas ós mariñeiros

RIBEIRA> De auténtico acoso. Así cualifican dende a confraría de Ribeira a situación que están a vivir os mariñeiros multados por estacionar na rampla do varadoiro. Algúns profesionais recibiron ata 4 sancións por deixar os vehículos nesta zona para descargar.

Ós constantes roubos que veñen sufrindo nas súas embarcacións, os mariñeiros de Ribeira teñen que engadir agora as multas que están a recibir por estacionar na rampla do varadoiro.

Dende a confraría non entenden por que a patrulla fiscal de Noia encárgase de realizar este seguimento no porto de Ribeira.

Demandan a Portos que lle dea facilidades ós mariñeiros para poder desempeñar o seu traballo en lugar de poñerlle trabas que repercuten na súa economía.