A Bandeira Verde de Galicia xa loce na casa consistorial de Muros

MUROS> Muros forma parte xa dos quince concellos en toda Galicia recoñecidos coa Bandeira Verde, un distintivo que premia as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.

Esta mañá a alcaldesa, Inés Monteagudo, e o Director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, procedían ó izado deste distintivo que xa loce na fachada da casa consistorial.

Pola súa banda a rexedora sinalou que o distintivo supón un aliciente para o Concello, para seguir traballando nos ámbitos da valorización do territorio e da paisaxe.

Xunto con Muros, a Bandeira Verde de Galicia, creada no ano 2020, foille concedida tamén este ano a Ribeira, que a recibe por primeira vez, e Porto do Son, que é tamén un dos nove concellos en toda a comunidade que repiten por segundo ano consecutivo este distintivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí