![]()
VILANOVA> Así llo trasladou esta mañá a Conselleira de Benestar, Beatriz Mato, ó alcalde nunha xuntanza na capital galega.
A Conselleira de Traballo e Benestar ven de comprometerse co alcalde de Vilanova a estudar a viabilidade técnica de construír un centro de día nas instalacións do Pazo de Vista Real.
Para iso, Beatriz Mato, informou que nos vindeiros días, técnicos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar se desprazarán ata Vilanova. O obxectivo será estudar in situ as súas características e analizar as posibilidades técnicas que ofrece a infraestrutura para dotalo deste servizo social destinado a persoas maiores.
Por outra banda, Durán demandou colaboración da Consellería para crear no mesmo pazo un centro de formación municipal, unha solicitude que tamén estudará o departamento autonómico.
Redacción Salnés









