Giráldez e Reiriz novos membros da executiva do PSdeG-PSOE

    marta_giraldezcopy.jpg SALNÉS> A nova executiva foi constituída esta fin de semana no duodécimo congreso do partido. Polo Barbanza, Juan Jesús Area, ostentará un dos cargos de vocal.

    {flowplayer}images/salnes/CONGRESO_PSDG.flv{/flowplayer}

    A nova executiva dos socialistas galegos está xa configurada desde esta fin de semana trala celebración do duodécimo congreso nacional do partido. Manuel ‘Pachi’ Vázquez comeza agora o seu segundo mandato despois de ser reelixido co respaldo do 68% dos 460 delegados galegos. O apoio que lle proporcionou o sector crítico no Salnés fixo que Marta Giráldez e Ramón Reiriz pasen agora a formar parte da nova organización en detrimento dos que se posicionaron do lado de Elena Espinosa, a alternativa máis próxima ós de Modesto Pose. Segundo a líder do PSOE de Meis, que a partires de agora ocupará a secretaría de Dereitos e Libedades, eran uns resultados agardados.

    Aínda que a división na comarca era clara entre os denominados críticos e os oficialistas, para Marta Giráldez, non houbo nin gañadores nin vencidos pero o certo é que os máis afíns a Pachi Vázquez se foron impoñendo nos diferentes procesos asemblearios que se celebraron na comarca e que agora acadaron un posto na executiva autonómica. Polo Barbanza, o líder dos socialistas de Boiro, Juan Jesús Ares, ostentará un dos postos de vocais ó igual que Ramón Reiriz.

    Indistintamente da liña que se impuxo por 33 votos neste congreso, para ambos dirixentes o que resta a partir de agora é traballar polos galegos e galegas.

    Agora queda agardar a coñecelos resultados dos congresos provinciais que se celebrarán cara maio ou xuño.

    Redacción Salnés