O PSOE pide aprazar o pleno por coincidir coa folga xeral

    psoesuspensionpleno100.jpgPOBRA> O PSOE da Pobra solicitou a suspensión do pleno previsto para o próximo día 29 por coincidir coa convocatoria de folga xeral.

    {flowplayer}barbanza/psoesuspension pleno.flv{/flowplayer}

    O pleno ordinario do mes de marzo na Pobra está previsto para o xoves día 29. Dado que coincide coa convocatoria de folga xeral, dende o PSdeG solicitan o seu aprazamento de xeito que se respecte o dereito dos empregados municipaIS que queiran secundala.

    Retirada da reforma

    Ademais de solicitar a suspensión da sesión, o PSOE presentará unha moción para que o pleno inste ó goberno central a retirar a reforma laboral.

    Consideran que a norma, lonxe de crear emprego, contribuirá a incrementar o paro posto que abarata o despido.

    Redaccíón Barbanza