As obras da nova sede do Náutico de Cabo de Cruz estarán rematadas tralo verán

BOIRO> Marchan a bo ritmo as obras da futura sede do Náutico Marina de Cabo de Cruz que será unha realidade despois do verán. O alcalde e o concelleiro de Deportes de Boiro supervisaron esta mañá a actuación, acompañados do presidente do Club Náutico.

A nova sede do Náutico ocupará unha superficie de 800 metros cadrados, distribuídos en dúas plantas e con todo tipo de servizos para os usuarios e un restaurante no primeiro andar. A construción do edificio é posible grazas á colaboración do concello que achega unha subvención de 125 mil euros.

Isto, xunto cunha axudas de Turismo de Galicia e fondos propios da entidade, permitiralle asumir a obra sen recorrer a ningún crédito hipotecario sen supoñer ningunha carga para  a arcas do club de cara ó futuro. A colaboración do concello faise mediante un convenio polo que protección civil disporá de dúas prazas de amarre e unha base de emerxencia.

E é que o obxectivo do concello é potenciar a vela a nivel deportivo e consolidar Boiro como un destino de turismo náutico de primeiro nivel. As novas instalacións contarán cunha oficina de recepción de turistas xacobeos.

Na actualidade, as prazas de amarre están completas polo que o club nos descarta ter que aumentar os atraques nun futuro próximo. Aínda que agora a prioridade é rematar a nova sede e dotala dun ascensor panorámico para o que xa teñen solicitado a axuda da Deputación da Coruña.