Feijoo avanza novos axustes e a primeira fusión de concellos

    DEBATEESTAUTONOMICO copia.jpg SANTIAGO> Son algunhas das medidas presentadas polo presidente da Xunta no debate sobre o Estado da Autonomía.

    {flowplayer}images/salnes/DEBATE_ESTADO_AUTONOMIA_1300312.flv{/flowplayer}

    No último debate da lexislatura sobre o Estado da Autonomía, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo anunciou novos recortes de gasto, ou medidas de ‘austeridade’, como denominou. Afectarán principalmente a cargos e entidades públicas. En concreto o titular do goberno autonómico avanzou que este mesmo mes comezarán os trámites para rebaixar os soldos dos directivos do sector público, equiparándoos ós dos cargos directivos das consellerías da Xunta. Tamén desaparecerán os vicevaledores do Pobo así como o Tribunal Galego de Competencia e o Consello Económico e Social, que quedarán integrados no Instituto Galego de Consumo e no Consello de Relacións Laborais respectivamente.

    Outro dos eidos nos que o goberno autonómico prevé aforrar oitenta millóns de euros é a sanidade, reducindo ó sete por cento o gasto farmacéutico e centralizando nun único punto a distribución de material funxible sanitario e non sanitario.

    Feijoo adiantou que en breve se producirá a primeira fusión entre dous concellos galegos, concretamente na provincia da Coruña, como parte desa filosofía de compartir e alixeirar gastos. Aínda que nada dixo de eliminar as Deputacións. Ó contrario. Defendeu a súa vicencia. Tamén adiantou que xa se puxo en contacto co Ministerio de Economía para que negocie coa Unión Europea unha posible solución para que os afectados por participación preferentes poidan recuperar os seus aforros. Tras unha hora e corenta e cinco minutos de discurso, o presidente da Xunta concluíu chamando ós parlamentarios á unidade política. 

    Redacción Salnés