Un concurso de deseño convida ós veciños do Son a espremer a súa arte

    PORTODOSON> Está aberto un concurso para atopar o mellor cartel da Feira Celta 2014. A iniciativa xa foi un éxito o ano pasado.

    Búscanse proxectos atractivos, innovadores e que saiban transmitir a esencia da Feira Celta sonense. Todos aqueles que desexen participar xa poden entregar os seus traballos, ben no rexistro xeral ou por correo certificado, ata o vindeiro día 30.  Esta iniciativa repítese tras a boa acollida do público e a alta participación do ano pasado. Unha vez concluída a recollida de traballos, un xurado composto por persoas de recoñecido nivel cultural escollerán tres finalistas. Os deseños seleccionados subiranse á web do concello www.portodoson.org, e será o público o que escolla vencedor a través das votacións que alí se farán. O gañador será premiado con 300 euros. Moita sorte a todos os participantes.