Uns 70 vehículos clásicos participarán este ano no Rally do Albariño

CAMBADOS> 70 vehículos clásicos participarán nesta vindeira fin de semana en Cambados na X edición do Rally do Albariño. Este ano a proba traspasa fronteiras, cunha parte do seu percorrido por municipios da provincia da coruña, como Padrón ou Ames. A proba terá o seu remate, como xa é tradición, en Fefiñáns, despois de case 250 quilómetros de aventura.

A vida a 27 quilómetros por hora vese doutro xeito. A esa velocidade competirán os 70 vehículos participantes na décima edición do Rally do Albariño de Clásicos. A cita, organizada polo Club Clásicos Salnés, celebrarase este sábado. Partirá de Cambados e percorrerá varios puntos da nosa contorna. A cita este ano, ademais, amplía miras: como novidade, vai percorrer diferentes puntos da provincia da Coruña, como Ames ou Padrón.

A proba vai percorrer case 250 quilómetros. Arrancará ás 10 e media da mañá da cambadesa praza de Fefiñáns, cunha ampla e variada mostra de vehículos clásicos, é dicir, aqueles que teñen máis de 25 anos e cumpren cuns determinados requisitos. Aínda que se trata dun rally, non cumpre as características propias deste tipo de competicións, senón que se adapta ós vehículos que participan.

Para o Concello, que colabora coa proba, o Rally ten un dobre valor para o municipio: por unha banda dinamiza a actividade económica da zona e, pola outra, serve para desentacionaliza-la chegada de visitantes e curiosos á vila.

Tódolos coches que participen na proba datan dos anos 60 e 70.