![]()
PONTEVEDRA> As adegas da D.O. venderon máis de catro millóns de litros de viño, uns 5,6 millóns de botellas, en preto de sesenta países.
{flowplayer}images/salnes/EXPORTACIONS_RIAS_BAIXAS_140312.flv{/flowplayer}
Máis de catro millóns de litros de viño exportados a máis de sesenta países ou o que é o mesmo máis de 5’6 millóns de botellas vendidas. Estes son os datos das exportacións dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas durante o 2011. Isto supón, segundo explicou o Presidente do Consello Regulador, José Ramón Meiriño, un incremento de máis do 18% con respecto ó exercicio anterior. Sinalou ademais que estas cifras veñen a confirmar o crecemento rexistrado no 2010 e son froito do traballo realizado polo sector.
Un total de 76 adegas participaron o ano pasado nos plans de exportación da DO Rías Baixas. En datos económicos, estas cifras de exportación superaron os 22 millóns de euros, un 16’8% máis en 2010. Neste senso, Meiriño lembrou que este ano haberá que redobrar os esforzos na aposta pola internacionalización dado a abundante colleita que se rexistrou no 2011.
Por mercados, Estados Unidos segue consolidándose coma o principal destino dos Rías Baixas con case o 54% das ventas totais en 2011. Ademais, este destino, segundo Meiriño, segue mantén tamén un ritmo de crecemento superior á media.
Reino Unido mantense coma segundo mercado máis importante seguido de Alemaña e Puerto Rico. Pola súa banda, o director xeral do Consello resaltou aqueles destinos nos que exportaron por primeira vez no exercicio pasado coma India, Corea, Vietnam, Líbano e Turquía.
Hai que seguir apostando pola calidade xa que o reto a longo prazo do Consello é consolidar os mercados nos que están presentes e buscar outros novos.
Eleccións en xuño
O Presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas aproveitou esta convocatoria para reiterar que non se vai presentar á reelección nas vindeiras eleccións ó Consello previstas para o 3 de xuño. Sentenciou ademais que cos cambios que se fixeron no regulamento non se tenta politizar este organismo xa que foi o propio pleno o que aprobou ditos cambios.
Redacción Salnés










