Un muro nas Sinas volve a enfrontar ó Concello cos Alfonso Leiro

    muro_sirena100.jpgVILANOVA> O Concello ten paralizada a obra porque o promotor, a sociedade Alfonso Leiro CB, antiga propietaria do Sirena, …

    {flowplayer}images/salnes/replanteo_muro_sirena.flv{/flowplayer}

    … non solicitou previamente o replanteo do peche, condición que se especifica na licencia outorgada no seu día. O alcalde asegura que no Concello non consta solicitude por parte dos promotores para que o técnico municipal faga o replanteo.

    Pola súa banda a portavoz da sociedade Alfonso Leiro CB, Carmela Alfonso, asegura que si solicitaron previamente ó inicio das obras o replanteo ó aparellador municipal. Que este acudiu á zona e que o fixo verbalmente. Carmela Alfonso indica que agora o Concello lle pide que a solicitude se faga por escrito e que o alcalde Gonzalo Durán está a entorpecer o trámite deliberadamente.

    A portavoz da sociedade familiar explicou a Canal Rías Baixas que contan con licencia de obra de Costas, Deputación e Concello para construír este muro. Indica que ante a Deputación xa solicitaron tamén a supervisión técnica, que esta se realizou e que se lles dixo que todo estaba ben, que incluso deixaban 2 centímetros a favor do dominio público. Carmela Alfonso aclara que os técnicos da Deputación volveron a medir a zona despois desto, a instancias do Concello, que lle pediu ademais informe por escrito.

    O alcalde indica que o Concello solicitou a intervención dos técnicos da Deputación, porque é a titular da estrada que se ve afectada por esta obra. O Goberno municipal quere que quede claro ata onde chega o dominio público para contar os dous metros que debe retirarse o muro do Sirena.

    Para Gonzalo Durán esta obra responde a unha vinganza por parte da familia Alfonso Leiro contra o Concello, tras perder o restaurante Sirena. Sen embargo, Carmela Alfonso considera que están en todo o seu dereito a pechar a zona de arborado que é da súa propiedade. E ademais indica que non lles consta que existan queixas oficiais por parte dos veciños inmediatos.

    Redacción Salnés