García Diéguez: ‘Foi un claro exemplo de acoso e persecución contra a ex-traballadora municipal’

BOIRO> Non tardou o Partido Popular en facerse eco tamén desta nova. O voceiro desta formación, Fernando García Diéguez, arremeteu contra ó equipo de goberno por ter presentado no seu día esta denuncia contra a extraballadora municipal.

Para el o tempo puxo a cada un no seu lugar, e aquelas mulleres vulnerables usuarias do CIM que denunciaban un trato denigrante por parte do Concello parece que eran certas.

Esta intervención en pleno a finais de abril do tenente de alcalde, Xosé Luís Ruíz, no que se abordou a problemática dun grupo de mulleres vulnerables usuarias do CIM, que derivou posteriormente na presentación, por parte do Concello, dunha denuncia por prevaricación contra a ex-técnica de Igualdade do Concello por presuntas irregularidades na tramitación dos certificados de vítimas de violencia de xénero, sérvelle ó PP para denunciar o acoso e a persecución á que se veu sometida por parte do equipo de goberno a extraballadora e por extensión as propias mulleres.

Dende o PP tamén piden unha desculpa pública por parte do alcalde tal e como el solicitaba dos grupos da oposición que se fixeron eco daquela desta problemática.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí