O concello de Ribeira insta a Sanidade a escoitar as súas propostas sobre o futuro centro de saúde

RIBEIRA> O executivo ribeirense segue a traballar na busca de terreos para o futuro centro de saúde. Instan á Consellería de Sanidade a reconsiderar as súas esixencias co fin de atopar unha parcela céntrica e ben comunicada que permita a construción en varias alturas.

O concello de Ribeira segue á espera dunha resposta por parte da Consellería de Sanidade en relación ós terreos para construír un novo centro de saúde na localidade, un servizo a todas luces necesario ante o precario estado das actuais instalacións.

 A pesar dos reiterados escritos e chamadas, o executivo non tivo aínda resposta da administración autonómica para fixar unha reunión que permita valorar os distintos terreos dos que dispón o municipio.

Consideran que a Xunta está instalada no bloqueo por meros intereses partidistas, negando ós ribeirenses a posibilidade de contar cun servizo tan necesario.