Vilanova debe 3,4 millóns de euros a provedores

    debedavilanova copia.jpg VILANOVA> O concello acollerase ó Plan de Pago do Goberno central para saldar as súas débedas.

    {flowplayer}images/salnes/debeda_vilanova160312.flv{/flowplayer}

    A Interventora Municipal de Vilanova informou ó Ministerio de Facenda que o concello ten a 31 de decembro de 2011 3,4 millóns de euros en facturas pendentes de pago a un total 242 provedores. O municipio acóllese así ó plan de pago do Goberno central. Sen embargo, o rexedor considera que esta axuda estatal non é a solución ós problemas do financiamento local. O alcalde Gonzalo Durán cre que os concello están asumindo gastos que non lle corresponden, en materia de sanidade, educación e servizos sociais.

    En canto ó plan de axuste que desenvolverá o Concello, o alcalde só adiantou que non haberá suba de impostos pero si de taxas como as da auga, recollida de lixo e sumidoiros.

    O alcalde de Vilanova explicou que a débeda real do Concello ascende a uns catro millóns de euros, xa que ós pagos pendentes cos provedores engade algo máis dun millón de euros que deben ós bancos.

    Redacción Salnés