Barro presume de xestión coas subvencións que conseguiu para a reforma do pavillón de San Antoniño

BARRO> Barro goza xa do seu renovado pavillón. Na instalación deportiva acaban de mudar a cuberta. Un proxecto que contou cun orzamento duns 150.000 euros, dos que 38.000 foron unha achega da Deputación e 60.000 do Fondo de Cooperación Local. Nestes momentos nese pavillón están a instalar 135 paneis solares. Un sistema fotovoltaico que suporá un importante aforro enerxético para as arcas municipais.

O pavillón de San Antoniño, en Barro, funciona xa a pleno rendemento logo das distintas melloras que se lle foron executando nos últimos meses. Unha das máis importantes foi o cambio da cuberta. Un proxecto que contou cun orzamento duns 150.000 euros, dos que 38.000 foron unha achega da Deputación e 60.000 do Fondo de Cooperación Local.

Porque con eses fondos municipais, o concello puido acometer outras melloras en toda a instalación, como repintados ou adecuación da zona de vestiarios.

A isto hai que sumar outro proxecto que se está a executar nestes momentos: a instalación de máis de 130 paneis solares enriba desta nova cuberta e o cambio da caldeira por unha bomba de calor. Unhas medidas que suporán un importante aforro enerxético.

Na axenda do goberno local xa hai novas melloras pendentes en instalacións deportivas. Avanzan que queren facer reformas no campo de fútbol do Outeiro e a construción dunha pista de pádel. Neste caso, o concello quere botar man do Plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra.