O Salnés suma emprego, O Barbanza desemprego

    SALNÉS/BARBANZA> Febreiro deixa en Arousa un sabor agridoce no tocante ós datos do paro. Mentres que no Salnés se crearon máis dun cento de postos de traballo, nas comarcas de Barbanza-Muros Noia destruíronse 49. Aínda que houbo excepcións en tódolos casos se se mira o dato por concellos, o dato curioso vén das afiliacións á seguridade social. Soben malia destrución puntual de emprego en Barbanza. No tocante a Galicia, pechouse febreiro con saldo positivo, ó creárense mil seis postos de traballo. A comarca do Salnés situouse en febreiro na sintonía de Galicia e pechou o mes con boas novas no tocante á xeración de emprego. 1.006 postos creáronse a nivel autonómico, 105, no caso do Salnés. Lideraron esa creación de traballo na comarca os concellos do Grove, Meaño e Ribadumia, especialmente no sector servizos e a industria, aínda que tamén houbo puntos negros. Cambados e Vilagarcía pecharon febreiro con máis paro, especialmente a capital arousana, onde foron á rúa 55 persoas. Desde a Xunta de Galicia non evitan amosar a súa satisfacción á luz dos datos autonómicos, aínda que como é habitual, sen querer caer en triunfalismos. Para menos celebracións están no Barbanza e Muros Noia. 49 persoas quedaron sen traballo nestas comarcas en febreiro, onde a cifra total de parados se sitúa en conxunto nas 10.533 persoas. Aínda que como no Salnés, tamén houbo excepcións en positivo. Municipios como Rianxo, Boiro ou Porto do Son crearon emprego. O que chama a atención é o aumento nas afiliacións á Seguridade Social malia esa perda de empregos. Desde os sindicatos insisten en que o mercado laboral en Galicia segue a estar marcado pola precariedade e reclaman a necesidade de cambiar a reforma laboral canto antes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/04/traballofeb.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/04/DATOS_PARO_FEBREIRO_2014.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí