EU confía en que a Xustiza salve ós traballadores de Lantero

    VILAGARCÍA> O conflito de Lantero chegará ó parlamento da man de Esquerda Unida e ata instancias xudiciais de ser preciso. O coordinador xeral desta formación, Cayo Lara, asegura que o caso da empresa vilagarciá é un claro exemplo das consecuencias que instaurou a reforma laboral impulsada polo goberno de Mariano Rajoy. Por iso lle pedirán explicacións ó executivo nacional e, de non resultar, agardan que os tribunais acaben dando a razón ós traballadores como aconteceu con outras grandes firmas como Coca Cola ou Panrico. Un exemplo de libro. Para o coordinador xeral de Esquerda Unida, Cayo Lara, o que está a acontecer cos traballadores da firma Lantero en Vilagarcía é mostra clara dos ‘obxectivos’, que segundo el, perseguía o goberno de Mariano Rajoy cando implantou en febreiro do 2012 a reforma laboral. E iso é o que está ocorrendo, segundo Lara, en Lantero. Van máis alá desde a agrupación local de Vilagarcía. O seu responsable e deputado de AGE Juan Fajardo apunta a intereses urbanísticos da dirección como fin encuberto do proceso. Por todo isto os esquerdistas van pedir explicacións. A nivel galego, á conselleira de Traballo. A nivel nacional ó goberno de Mariano Rajoy. E intentarán que compareza tamén a ministra do ramo. Segundo o regulamento das cámaras, o goberno central tería un mes para responder a estas preguntas, aínda que desde Esquerda Unida apoian máis as esperanzas na xustiza. Mentres, mañá empresa e traballadores reciben ó Inspector de Traballo para aportarlle toda a documentación que consideren que se debe incluír no procedemento. Son das poucas bazas que lle quedan. Desde o comité de empresa teñen todas as esperanzas postas en accións como as que vai despregar Esquerda Unida a nivel político, porque no chanzo local, do alcalde de Vilagarcía semella que non esperan moito. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/22/cayolaralantero.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/22/CAYO_LARA_LANTERO.mp4{/flowplayer}