Arosa e Céltiga repartense os puntos e continúan na zona alta

fotoderbicopiaa.jpgVILAGARCÍA> Derbi cheo de emoción o que se viviu onte na Lomba entre dous rivais que dende o principio deixaron claro que querían levarse os puntos. Camiño adiantou ó Arosa no minuto 73 e cara o final José Antonio fixo o gol que lle deu ó Céltiga un valioso punto.

{flowplayer}images/salnes/ResumoDerbi190312.flv{/flowplayer}

Xa non se trataba só dunha cuestión de orgullo, como adoita pasar nos derbis, senón tamén do desexo de continuar manténdose o máis preto posible da cabeza da táboa. O encontro comezou cos dous equipos tomándose o pulso e medindo as súas forzas. O primeiro aviso do Céltiga foi este disparo de Janeiro que sacou Jorge Pérez. O Arosa tivo a réplica pouco despois neste centro de Ricardo para Galdames que non chegou por pouco. Non tardaron os de Núñez en volver a reaccionar e na seguinte xogada Ferreiro rozou o longueiro con este disparo. E se desta rozaba o longueiro, nesta outra, o propio Ferreiro espetaba o balón no poste. Foi a mellor ocasión do primeiro tempo. Sen cambios no electrónico chegaba o descanso. E na reanudación tras mover os banquiños o partido abriuse un pouco máis. A xogada polémica chegou nesta acción. O Arosa tivo que ver como lle foi anulado este gol de Vixo, moi protestada foi a decisión arbitral dende a bancada. Comezaba a subir a tensión na Lomba. Ata que finalmente chegou o momento máis agardado. Camiño topouse con este balón, controlou o capitán e efectuou un disparo perfecto que se colou na portería de Vila. Puxéronselle as cousas moi complicadas ó Céltiga que malia todo non se viu abaixo e finalmente conseguiu o seu premio. Foi cara o final do partido, cando os de Lino González case celebraban a vitoria. Tras unha xogada embarullada na área o esférico chegoulle a Jose Antonio que pouco máis tivo que facer que empuxalo. Foi o 1 a 1. Reparto de puntos con mellor sabor para os da Illa que para os locais.

Redacción Salnés