Educación e Deputación colaboran no impulso de EME Cooperanova

    proxecto_emprendecopy.jpgPONTEVEDRA> Trátase dun programa educativa dirixido ós alumnos de primaria de sete colexios da provincia entre os que se fomentará a cultura emprendedora.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTO_EME.flv{/flowplayer}

    Un total de 125 alumnos de sete centros, entre eles o CEIP Julia Becerra de Ribadumia e o CEIP Príncipe Felipe de Pontevedra, participan nesta iniciativa que pretende impulsalo emprendemento entre os máis cativos. Unha das actividades que contempla é crear e xestionar unha cooperativa.

    Pola súa banda, o proxecto tamén abarca cursos de formación permanente do profesorado en materia de cultura emprendedora. Para elo, a Consellería de Educación facilitará aulas dos centros de Formación e Recursos ou do Centro Autonómico de Formación e Innovación.

    Desta maneira, tal e coma explicou o Conselleiro, desde a Xunta dan continuidade ás actuacións que están a desenvolver a través do Plan de Emprendemento, eduemprende. No caso de EME Cooperanova, engadiu, ten un fundamento didáctico que favorecerá a comunicación, a convivencia e o traballo en equipo.

    En fases posteriores, os participantes deseñarán a imaxe corporativa das súas empresas, o seu modelo de financiamento e contabilidade e abordarán aspectos como as técnicas e procesos de fabricación e a venta de produtos.

    Redacción Salnés