![]()
POIO> O Ministerio de Educación vén de conceder esta homologación ás ensinanzas impartidas no centro, único en toda Galicia.
{flowplayer}images/salnes/ESCOLA_CANTEIROS_POIO_190312.flv{/flowplayer}
A Escola de Canteiros de Pontevedra acaba de ver cumprida unha vella demanda: que os estudos que imparte conten con homologación oficial. A partir de agora, o centro poderá expedir títulos de Grao Medio en Técnico en Pedra Natural. O Ministerio de Educación vén de publicar o decreto polo que se valida a formación ofrecida nestas instalacións, as únicas das súas características que existen en Galicia e que levan en funcionamento desde hai máis de trinta anos.
Na visita realizada ás instalacións, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, puido observar unha das últimas creacións realizadas polos alumnos do centro: unha gran figura en pedra de San Xosé, de tres metros de alto e máis de seis quilos de peso, que se situará na praza dalgún concello galego. Vázquez salientou a gran saída laboral dos alumnos deste centro.
A Escola de Canteiros conta actualmente con 40 alumnos que asisten a clase durante o día e outros 35 que o fan pola noite. Na visita, o titular de Educación estivo acompañado, entre outras autoridades, polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
Redacción Salnés









