O concello lanza unha campaña para fomentala igualdade no Día do Pai

    campana_paicopy.jpgVILAGARCÍA> A iniciativa consistiu no reparto de 2500 dípticos nos centros escolares para regalar ós seus pais no que se lles ensina a poñer unha lavadora.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_PAI_LOMBA_190312.flv{/flowplayer}

    Colaborando, gañamos todos por igual. Este é o lema da campaña posta en marcha polas concellerías de Traballo e Benestar e Educación do concello de Vilagarcía con motivo da celebración do Día do Pai.

    A iniciativa consistiu no reparto de 2500 dípticos entre os escolares de infantil e primaria do municipio para regalarlles ó seus pais e nos que se lles dan instrucións de cómo poñer unha lavadora.

    Pero a finalidade última desta campaña, con claro carácter humorístico, é fomentala igualdade entre os máis cativos e a colaboración nas labores domésticas.

    A campaña enmárcase dentro do Plan de Igualdade do concello.

    Redacción Salnés