PORTO DO SON> A Federación Galega de Confrarías agarda que a Xunta desautorice a reactivación do proxecto da mina do Touro tralo rexeitamento social amosado na manifestación desenvolvida este domingo en Santiago. A entidade xa lle ten solicitado ó Conselleiro de Industria que denegue o permiso. Dende a federación galega apoian as reivindicacións das confrarías arousáns ante os riscos derivados da actividade mineira que poderían supoñer a contaminación da ría. Segundo o presidente, a asistencia masiva á manifestación do domingo evidencia o forte rexietamento non só do sector produtivo senón de toda a sociedade, polo que considera que as insititucións deberán tomar nota.
Inicio BARBANZA