RIBEIRA> A futura escola infantil de Aguiño enfronta ó concello de Ribeira coa Conselleira de Política Social. O alcalde quixo respostar á intervención realizada onte por Fabiola García no pleno do Parlamento acusando ó actual executivo de paralizar o proxecto. Luís Pérez Barral aclarou que non existe nin proxecto nin partida posto que o anterior goberno municipal non solicitou a subvención a pesar do anunciou realizado en plena campaña electoral.
Así de contundente respondeu o alcalde de Ribeira á Conselleira de Política Social que acusou no Parlamento ó concello de paralizar o proxecto da futura escola infantil de Aguiño.
O executivo comprobou cos servizos técnicos do concello que esa axuda de 240 mil euros anunciada durante a pasada campaña electoral nunca se solicitou.
Dende o concello reclaman que a parroquia poida contar con este servizo público pero non a través da convocatoria autonómica para a construción de escolas infantís municipais posto que a Xunta tan só financia a construción do inmoble pero os gastos da contratación de persoal recaerían sobre as arcas municipais. Neste sentido propoñen a cesión de terreos para o concello de Ribeira pase a formar parte da rede pública das escolas infantís de xestión directa Galiña Azul.











