¡Felicidades papá!

    Sfotodiapaicopia.jpgALNÉS> 19 de marzo, día de San Xosé, celebrase o día do pai. Felicitacións, regalos e máis coidados do normal porque hoxe os protagonistas eran eles.

    {flowplayer}images/salnes/DiaPai190312.flv{/flowplayer}

    Hoxe, 19 de marzo, día de San Xosé, celebrase o día do pai. A pesares de non ser día festivo e de ter que pasalo traballando, seguro que moitos espertaron hoxe cun sorriso máis grande do habitual. Felicitacións, regalos e máis coidados do normal porque hoxe os protagonistas eran eles.

    Aínda que saben que hai que demostralo tódolos días, que mellor data que o día do pai para facelo de xeito un pouco máis especial. Sobre todo detalles feitos a man, que son en palabras dos propios homenaxeados, os máis bonitos.

    Aínda así, malia todo, para os pais o máis bonito foi, para os que puideron, pasar a tarde cos cativos.

    Así é que tan orgullosos coma sempre, pero se cadra algo máis ilusionados do normal, dende os principiantes ata os máis veteranos. Hoxe todos están no seu día.

    Redacción Salnés