Entretendas organiza un desfile de modas para esta fin de semana

    SANXENXO> Esta fin de semana poderán asistir a un desfile cas últimas tendencias en moda nas Rías Baixas para este inverno que temos prácticamente enriba. Organízao o Centro Comercial Urbano Entretendas, e terá lugar o domingo día 9, ás cinco e media da tarde no Real Club Náutico de Sanxenxo.

    Un bó plan para esta fin de semana de chuvia pode ser asistir a un desfile de modas, cas últimas tendencias para este inverno. Esta é a proposta do Centro Comercial Urbano Entretendas que presentará unha modelaxe con roupa para tódolos públicos, o domingo día 9, ás cinco e media da tarde no Real Club Náutico de Sanxenxo. Para amosar que a súa moda é prêt-à-porter, lista para levar por persoas da rúa, os modelos serán amateurs. O desfile estará adornado co traballo das florerías asociadas e entre os once pases previstos, haberá actuacións de entretemento. A entrada será de balde.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/entretendas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/desfile_entretendas.mp4{/flowplayer }