VILAGARCIA> A Deputación de Pontevedra reafirma o seu apoio á Asociación Autismo Bata. O presidente provincial visitou a sede deste colectivo en Vilagarcía. Alí, Luis López aproveitou para salienta-lo traballo que desenvolve esta entidade, que presta servizo a 65 usuarios.
Coincidindo co conmemoración do Día Internacional de concienciación sobre o autismo, o presidente da Deputación de Pontevedra visitou a sede de Bata en Vilgarcía. Un percorrido polas instalacións para coñecer de primeira man como é o día a día desta entidade que atende 65 persoas.
O presidente provincial destacou o traballo que desenvolve este colectivo, poñendo en valor o seu labor.
Tamén reiterou o compromiso da Deputación de seguir apoiando o proxecto. Un xesto, que agradecen dende o colectivo.
Na visita tamén estivo presente a deputada provincial de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos.











