Lino e Núñez sacan conclusións positivas do derbi

SALNÉS> O empate no derbi non contentou a ninguén. O Arosa porque perde comba cos de arriba e o Céltiga porque tivo máis oportunidades de gol. Con todo, ningún dá por perdida a loita polo ascenso e afrontan con optimismo a parte final da temporada.

{flowplayer}images/salnes/futbol_200312.flv{/flowplayer} 

Complícase e moito o ascenso para o Arosa que cada vez está máis lonxe do grupo de cabeza. Despois do empate do domingo ante o Céltiga os vilagarciáns quedánse a 8 puntos da segunda praza e xa moi lonxe do líder, o Barbadás, que conta con 12 puntos máis. As distancias comezan a ser dificilmente salvables porque restan tan só dez xornadas e porque o Arosa leva tempo sen amosar unha regularidade de resultados. Ademais, os dous de arriba non aminoran o ritmo e aínda que os vilagarciáns gañen todo, pode que as contas non lles den.

Iso sí, na Lomba, hai esperanza. Agárranse á boa imaxe deixada polo equipos nos segundos 45 minutos ante ó Céltiga e á gran cantidade de enfrontamentos directos que vai a haber.

Máis sinxelas son as contas para un Céltiga que chega en boa forma ó treito final de temporada. Dos últimos 17 encontros tan só caeron nun deles, e foi ante o último clasificado, o Ourense B. Agora teñen por diante unha serie de partidos ante rivais directos, o primeiro deles ante o Barbadás. Os de Núñez queren rachar coa extraordinaria xeira de resultados do conxunto ourensán e agardar un picazo do Choco, do que lle separan tres puntos na táboa e que recibe ó sempre complicado Atios.

Xunto a Arosa e Céltiga tamén loitará o Ribadumia, non só polas dúas primeiras prazas, senón tamén pola terceira.

Redacción Salnés