A fin de semana comeza o III Trofeo Internacional Alevín BBC

baloncesto_alevin_copia_100.jpgVILAGARCÍA> Nos pavillóns de Fontecarmoa e Castelao, daranse cita oito equipos masculinos e femininos de Galicia e Portugal: Vasco de Gama, O Meco, Cortegada, Liceo Casino, Ourense, Arxil, FC Porto e BBC

{flowplayer}images/salnes/BALONCESTO_ALEVIN.flv{/flowplayer}

Trala Basket Cup volve a emoción do baloncesto a Vilagarcía co Terceiro Torneo Internacional Caixanova de Baloncesto Alevín. Liceo Casino, Porto, Ourense, O Meco, Vasco de Gama, Cortegada, Sigaltec BBC e Arxil enfrontaranse o día 10 e 11 nos pavillóns de Fontecarmoa e Castelao. O torneo ten como obxectivo apoiar ó deporte base. Os oito equipos divídense en dous grupos.

O sábado á mañá, a partir das 11, comezarán os enfrontamentos en Fontecarmoa. O mesmo día pola tarde, os encontros trasládanse ó pavillón de Castelao ás 6 da tarde. O domingo, a partir das 10 da mañá, celebraranse as semifinais e final en Fontecarmoa e o torneo Two Ball.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía, o concello, Caixanova e Sigaltec patrocinan o torneo que pretende derivar os seus esforzos ó desenvolvemento do deporte base.

Redacción Salnés