Rouban trinta castiñeiros nunha área recreativa de Taragoña

    rouboarborescampomaneiro.jpgRIANXO> As árbores foran plantadas recentemente por membros da Asociación Festival Antrospinos nunha área a reforestar en Campo Maneiro.

    {flowplayer}barbanza/rouboarborescampomaneiro.flv{/flowplayer}

    A desaparición das árbores tivo lugar, previsiblemente, na madrugada do luns ó martes. Os exemplares, de aproximadamente dous metros de altura, atopábanse nunha zona próxima á estrada, polo que calquera persoa que pasase por alí puido facerse con eles.

    Nova plantación

    Esta é a primeira vez que lles acontece algo semellante e iso a pesar de que realizan numerosas reforestacións ó longo do ano nesta zona. Así, tanto dende a asociación como da comunidade de montes de Taragoña, que tamén colaborou coa plantación realizada no seu día, xa se puxeron mans á obra para tratar de solucionar este desaguisado.

    Redacción Barbanza