Teresa Villaverde tamén reclama unha Ruta Xacobea por Muros-Noia

    LOUSAME> A alcaldesa participará, este sábado 21, na camiñata simbólica de consolidación do Camiño de Santiago pola Ría Muros-Noia. Está convocada pola Asociación Turístico Comarcal.

    Esta actividade enmárcase dentro das actividades programadas no Primeiro Foro Turístico “Ría de Muros-Noia”, que se celebra do 16 ó 23 de xuño. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, anima a toda a cidadanía da comarca a participar nesta iniciativa “na que imos percorrer o camiño que agardamos que poidan facer centos e centos de peregrinos despois de nós”. Para participar na camiñata, os veciños e veciñas deben dirixirse a cadanseu concello. Se desexa contactar con Lousame, o teléfono de contacto é o 981 820 394 e a camiñata sairá e terá fin na contorna natural de San Xusto de Toxosoutos, ás 11:00 horas. As 09:00 sairán as camiñatas de Muros (Curro da Praza-Rúa Agro Baño-Escola) e de Portosín (Club Náutico-Miñortos); ás 10:00 de Outes (Parque da Cruz-Ponte do Ruso) e Noia (Praza do Tapal-Rasa de Abaixo). As distintas expedicións confluirán en Santiago ás 12:30 horas, e farán un percorrido conxunto entre a Carballeira de San Lourenzo e a Praza do Obradoiro.