O concello de Ribeira agarda o visto bo de Portos para o emprazamento do Centro Náutico

RIBEIRA> Satisfacción no seo do goberno ribeirense tras chegar a acordo co Club de Remo sobre o emprazamento da súa nova sede. O centro náutico construirase no porto de Aguiño e conta co visto bo da confraría posto que non interferiría no desenvolvemento da actividade profesional.

O futuro centro de deportes náuticos de Ribeira emprazarase finalmente en Aguiño. Tras propoñer ata sete emprazamentos, o concello e o club de remo chegaron finalmente a un acordo para que as novas instalacións se constrúan nunha parcela do porto aguiñense, xa urbanizada e con tódolos servizos, incluído saneamento e abastecemento.

Tras acadar o consenso do club de remo, principal usuario das instalacións, e da confraría de pescadores de Aguiño, o concello trasladaralle agora a proposta a Portos, quen ten a última palabra para autorizar o proxecto.

Se non xorden novos impedimentos, o executivo agarda poder iniciar a redacción do proxecto para dar comezo á súa construción dentro deste mesmo ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí