Arranca a campaña comercial de Nadal de Noia Histórica

    NOIA> Na campaña, baixo o lema ‘A maxia do Nadal’, tomarán parte uns 71 comercios e establecementos de hostalería da localidade. A decisión da Federación de Empresarios do Barbanza de non realizar este ano a campaña de Nadal de xeito conxunto, obrigou a moitas asociación locais a ter que ser elas as que asumiran esta función. É o caso de Noia. Na campaña co lema ‘A maxia do Nadal’ investirán este ano uns 15 mil euros, dos que catro mil serán para premios. Boa parte do investimento da campaña irá precisamente para actividades. Un aspecto que dende a patronal tamén quixeron destacar, tratando de mellorar a imaxe da vila e de paso incentivar as compras no mercado local. Dende o concello destacaron tamén esta iniciativa coa que colaboran activamente, animando á xente a participar nela. O sorteo final de premios terá lugar o día 11 no coliseo Noela nun acto que será aberto á cidadanía. Ademáis do concelo Noia Histórica conta tamén coa colaboración para esta campaña da Direccción Xeral de Comercio.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí