Tráfico investiga a un boirense que conducía a máis de douscentos por un tramo limitado a cen

    BOIRO> O suceso producíase na tarde de onte no corredor Brión-Noia, ó seu paso polo concello de Lousame. Efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil que se atopaban facendo un control de radar no corredor que une Brión-Noia, á altura de Lousame, detectaron a un vehículo que estaba duplicando a velocidade permitida na vía pola que circulaba. Ó parecer ía a 204 km/h nun tramo de vía na que o límite está establecido en 100 km/h. A Garda Civil iniciou a investigación contra ó condutor, un boirense de 38 anos, ó que se lle acusa dun suposto delito contra a seguridade do tráfico. Enfróntase así a unha pena de prisión de tres a seis meses, a unha multa de seis a doce meses ou coa privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a uno e ata catro anos. Unha vez realizadas as correspondentes dilixencias deuse traslado das mesmas ó Xulgado de Instrución nº 2 de Noia.