‘Unha chispa orixinou o incendio que arrasou Brenntag’

    2diaxuizobrenntag100.jpgPONTEVEDRA> Un técnico da Garda Civil indicou que unha chispa foi a orixe do incendio que arrasou a fábrica química Brenntag en setembro de 2006, en Caldas.

    {flowplayer}images/salnes/sergundo_dia_xuizo_brenntag.flv{/flowplayer}

    Este experto explicou que a falta de pinzas con conexión a terra puido propiciar esa chispa pero que tamén se puido deber a outras causas.

    Neste segundo día de xuízo tamén declarou o xefe de Brenntag que defendeu a actuación desenvolvida pola empresa tralo accidente. Indicou que nun primeiro momento tentaron controlar o incendio desde dentro pero ó ver que se lles ía das mans deixaron facer ós bombeiros. Tamén sinalou que as labores de extinción aumentaron o vertido ó río Umia.

    Na sala de vistas dos Xulgados da Parda tamén declararon dous policías locais de Caldas, que confirmaron a versión dos acusados de que horas antes do accidente xa había peixes mortos no río.

    E sobre a contaminación do Umia e do entorno da fábrica falaron nesta vista varios peritos, que realizaron no seu día informes sobre as augas do río e da calidade do aire. Indicaron que no Umia hai unha contaminación crónica desde hai anos e, en canto ó vertido orixinado polo accidente de Brenntag sinalaron que se detectou un líquido de cor azul con ph ácido con gran carga de sustancias orgánicas volátiles que si afectaron á fauna do río e que tamén supoñían perigo para a saúde humana, polo tanto, confirmaron que era ecotóxico. Iso si, aclararon que tras unha semana, e como moito 20 días, estas sustancias volátiles desapareceron.

    Tamén especificaron que o pouco caudal do río eses días tamén influíu negativamente. Outro dos peritos chegou a indicar que se este vertido azul tivese chegado á ETAP de Vilagarcía tería sido grave para a saúde humana.

    Nesta xornada tamén declarou un enxeñeiro industrial que aclarou que o tolueno é unha sustancia moi inflamable, pero non ecotóxica. Ratificou o argumento da defensa de que non existe unha normativa concreta para medidas de seguridade nas descargas de sustancias deste tipo, inda que si normas de boa conducta que non son de obrigado cumprimento.

    Redacción Salnés