Ribeira homenaxeará ao exalcalde Pérez Queiruga

    homenaxeperezqueiruga_300508.jpgO exalcalde de Ribeira Ricardo Pérez Queiruga recibirá unha homenaxe organizada por entidades e cidadáns…

    que queren premiar o labor que desenvolveu no concello durante os anos do seu mandato.

    O acto terá lugar o trece de xuño e consistirá nunha cea a que asistirán persoeiros relacionados co eido da política, a educación e diversas entidades sociais.

    Débeda histórica

    Os organizadores do evento consideran que teñen unha débeda histórica con Ricardo Pérez Queiruga, tanto pola vinculación que ao longo dos anos mantiveron con el como polo legado que deixou ao concello de Ribeira.

    Pérez Queiruga exerceu de mestre neste municipio durante moitos anos para convertirse posteriormente no seu rexedor. Ademáis estivo vinculado ao sector do mar, dado que durante algúns anos dirixiu o cabildo de Aguiño.

    {flowplayer}barbanza/homenaxeperezqueiruga.flv{/flowplayer}

    Sería no eido político onde desenvolvería unha actividade máis intensa: voceiro de Alianza Popular a finais dos oitenta, alcalde de Berlanga do Bierzo e de Ribeira, deputado autonómico, senador e dentro dun días exercerá como compromisario do partido popular no vindeiro congreso nacional que a formación política celebrará no mes de xuño.

    Cea multitudinaria

    Está previsto que a homenaxe asista, ademáis do presidente do ppdeG, Alberto Nuñez Feijoo, o secretario xeral desta formación, Alfonso Rueda e o ex presidente Xerardo Fernández Albor, así como persoeiro vinculados con Perez Queiruga a través do eido da educación e de distintos colectivos sociais.

    Os interesados en asitir a homenaxe poden retirar a súa entrada na sede do partido popular de Ribeira ou poñéndose en contacto cos organizadores.

    Redacción Barbanza