Malestar na Pobra pola instalación dunha máquinas de vending no recheo portuario

POBRA> A autorización por parte de Portos de Galicia para a instalación dunhas máquinas expendedoras no recheo portuario levantou un fondo malestar na localidade. Dende o Concello critican a ubicación escollida e que non se lle consultara tampouco a súa instalación.

A instalación dunhas máquinas expendedoras no recheo portuario da Pobra abre unha nova polémica, nesta caso do Concello, que lle recrimina ó ente autonómico a autorización dada á empresa para poder instalar alí as máquinas, en plena beirarrúa, dificultado o tránsito dos peóns. O alcalde ten intención de trasladarlle unha queixa a Portos, á que se lle adxuntará un informe da propia Policía Local que desaconsella a súa instalación nese lugar.