A alta demanda anima a campaña da nécora e o polbo

    RIBEIRA> Unha semana despois do arranque da campaña da nécora e do polbo, os produtores están bastante satisfeitos co balance. As dúas especies cotizan á alza debido á alta demanda despois de varios meses de veda. Había ganas de nécora e sobre todo de polbo trala veda das dúas especies que se levantou a principios de mes. Nestes primeiros días de campaña xa se levan descargados na lonxa de Ribeira uns seiscentos quilos de nécora e catorce mil de pobo con prezos medios bastante elevados para a época. Aínda que non é o mellor mes para ningunha destas dúas especies si se rexistra unha alta demanda debido á tempada alta no sector da hostalería e restauración. A pesar de que os prezos son bastante elevados, os praceiros de mercados, como a de Ribeira, constatan o interese dos compradores polo polbo con moi boa saída. As nécoras, aínda que con menor presenza, está tamén a rexistrar un importante volume de vendas, animadas polos prezos asequibles.