Noia Histórica sorteará tres mil euros en vales de compra este Nadal

NOIA> Baixo o lema ‘Noia, preto de ti’ a Asociación Noia Histórica volve a tirar a casa pola ventá este Nadal co fin de incentivar as vendas e de paso potenciar o comercio local da vila.

Para agradecer a fidelidade dos clientes, a patronal noiesa realizará dous sorteos, un deles o 23 de decembro con carácter presencial, nos que se sortearán tres mil euros en vales de compra.

Para o desenvolvemento da campaña, Noia Histórica conta tamén coa colaboración do Concello.

Dende o executivo fan unha chamada a acudir á vila durante estas datas para facer as súas compras e participar nas distintas actividades programadas, ademais de disfrutar da nova decoración de Nadal.

Na campaña de Nadal participan este ano un total de 55 comercios, unha cifra semellante á de edicións anteriores.

Para máis información da campaña ou sobre as actividades programadas para estes días, as persoas interesadas poden consultar as propias redes sociais de Cultura Noia ou da propia Noia Histórica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí